sábado, 27 de setembro de 2014

A CHAVE, nube de etiquetas por J.Carlos Pérez

 

Unha chave, esta é a imaxe simbólica coa que quero representar a miña nube de contidos e intereses relaconados coa orientación laboral:  empregabilidade, autocoñecemento, aprendizaxe permanente,...Palabras relacionadas coa idea de apoiar a persoas en situación de desemprego, pero tamén útil e necesaria a nivel profesional. 
Nun momento no que o mercado laboral é tan variable, onde o cambio de traballo ao longo da vida é cada vez máis frecuente, onde cada vez se requiren novos coñcementos, para novas ocupacións, fai que sexa necesario estar en disposición dunha aprendizaxe permanente co fin de poder adaptarnos aos cambios e mellorar as nosas competencias. En definitiva, facerse cunha chave que che facilite o acceso aos teus retos profesionais.