mércores, 24 de setembro de 2014

Nube de cafe de @mgbarcos

Supoño que como tantas outras persoas trabuqueime mil e unha veces, fíxeno mal e tamén o fixen menos mal e incluso ben. Tomei malas decisións e tamén boas. Hai momentos nos que non vemos clara a saída , ou que pensamos que un erro é unha traba insalvable no camiño, pero non é así. Sempre hai tempo para un café, para respirar, pensar, analizar os erros, ter fe nun mesmo e seguir intentándoo tantas veces como nos equivocamos. Son unha "cafeteira" empedernida!



Ningún comentario:

Publicar un comentario