venres, 31 de outubro de 2014

Por qué o chaman falar cando queren dicir comunicación?

Falar por falar é como falar e non decir nada, sen aportar nada á outra persoa. Algo así sucede na comunicación, se o que escoita non se entera do que queremos dicir , non é comunicación. 

Pero o temos todos claro? Hai emisores que non teñen en conta á persoa coa que falan, e non coidan a mensaxe, o código o contexto nin os xestos, falan e xa. E se o receptor non entendeu a mensaxe non é problema deles.... Isto non é comunicacion. 


                   

No noso traballo a comunicación é fundamental, non se trata de falar, senón de comunicar información á persoa e debemos estar seguros, cando remata o encontro, que o que queriamos comunicar chegou correctamente ao emisor. Pero non só cos orientados, senon tamén con compañeiros de traballo e outros axentes externos cos que temos contacto por temas laborais. 

Para iso temos que ter en conta moitos factores, xa que a comunicación non está exenta de barreiras, é importante ter en conta o contexto, posibles interferencias (ruidos, muletillas ao falar), prexuizos, estereotipos, falta de feedback (importantísimo), efecto halo (xulgar sen coñecer) e non facer escoita activa. 

Temos que ter en conta tamén, que a comunicación é verbal e non verbal e ambas son igual de importantes nun proceso de comunicación. 

Cantas veces non chega un orientado decindo que lle dixeron unha cousa nunha oficina de emprego, que sabemos que é totalmente imposible?? Neste caso que decimos, que entendeou o que lle deu a gana? Ou que entendeu o que puido con un emisor que non se axustaba ao contexto e non o tiña en conta a el? O mesmo sucede a diario nos centros médicos, entendeu mal o paciente? Ou explicouse mal o médico? 

Se partimos da base de que o problema no erro da comunicación é fundamentalmente de quen comunica (ainda que aqui poderia haber un debate, sobre se é en todos os casos así), o erro nos dous exemplos anteriores estaría nos profesionais de algúns servicios que non axustan o código e non teñen en conta á persoa coa que están falando. 

Fundamental son tamén as habilidades sociais no orientador laboral, a asertividade, habilidades para a toma de decisions e resolucion de conflictos.

Cómo está a comunicación actualmente?

En relación co post anterior sobre curación de contidos, temos actualmente moitos medios de transmitir e de comunicar, blogue, web, facebook, twitter, mail, whatsapp,.... e sen embargo no canto de facilitar a comunicación, moitas veces a complican. Temos demasiados estímulos, moitos canles de comunicación e pouco coidado na utilización:
 


Neste video podemos ver un exemplo da importancia do contexto, da canle e do medio no que se transmite unha mensaxe:



     


É importante coidar a comunicación en calquer contexto e sexa cal sexa a canle elixida, debemos recordar que o importante é que a persoa entenda, polo que a escoita activa e o feedback son indispensables día a día no noso traballo. 

Sobre a curación de contidos



Que vivimos de cheo na era da internet é algo obvio e tanxible na nosa vida cotiá, para solicitar cita médica, un informe de vida laboral, transferencias bancarias, se miramos na parada do autobús, nunha cola dunha tenda,...  

A web "The Internet in Real -Time, ainda que con datos ficticios é un golpe de realidade ao respecto que sobrecolle e asusta: 


Click the animation to open the full version (via PennyStocks.la).


Aínda que os datos non sexan reais, si poderían selo perfectamente.
Dell publicou un artigo no cal ofrece algúns datos do crecemento nos últimos anos  e o uso de internet a nivel mundial pasou de  millóns de persoas no ano 2000 a 2.400 millóns de personas no ano 2012.

En qué se traduce tamén isto? En que cada minuto no mundo se abren novas webs, novos blogues, se publican novas infografñias, chíos, videos...... e todo isto é información, ou desinformación. 

Independiente do uso que se lle dea a internet, é preciso xestionar dalgún xeito toda esta información que nos chega, xa que de outro xeito sería inviable poder seguir toda a información que nos interesa a "tempo real". Para iso internet axúdanos cos lectores RSS


          


Estes lectores permítennos agrupar en un único espacio toda a información das fontes que nos interesan, sen ten que consultar cada web ou blogue. Axúdannos a xestionar a información a "curala" e a non "infoxicarnos". 

Para o día a día do meu traballo como orientadora laboral paréceme fundamental, xa non por un aforro de tempo, eu prefiro decir que me axudan a xestionalo e a economizalo, e me permiten estar ao día da información que me interesa e me é útil para o meu traballo diario, sen pasarme horas diante do ordenador.
O único pero e que ainda hai algunhas páxinas que non permiten sindicación por RSS, pero pola miña experiencia estes días son as mínimas. 

Qué ferramentas temos para esta curación de contidos? 

Temos dispoñible para a organización da información, entre outros,  Scoop.it, Paper.li e Feedly. 
Ademási os dous primeiros permiten compartir a información, e Feedly é para uso persoal. 
Esta semana probei Scoop.it e Feedly. Con respecto ao primeiro, na miña opinión, ten u funcionamento máis sinxelo, máis vistoso e máis intuitivo, nun primeiro momento foi o que máis me gustou. 



                      

Pero tras probar ambos Feedly ten un uso moito máis eficaz do tempo a nivel laboral. Porque permite dun xeito rápido e sen sair dunha páxina, consultar toda a información das fontes que eleximos, e que podemos agrupar en varias categorías.
  

          

A miña conclusión e que as redes e internet son indispensables para o noso traballo e con xestores que nos axudan a canalizar esta información mellor que mellor. Todo un descubrimento!