venres, 10 de outubro de 2014

Emprego na UE



A emigración española é un fenómeno que, sen ter en conta a Idade Media e o proceso de repoboación do territorio, ocupa gran parte do século XIX, primeiro cara América e posteriormente cara a Europa industrializada. Nestes anos España ofrecía "man de obra pouco cualificada para industria e servizos”, tal e como recolle no seu blogue. MariaCarballal Sánchez

Novamente no século XX a emigración volta a darse, principalmente a partir de 1940, e son moitas as persoas que na procura dunha vida mellor embarcan cara América. 

Estamos no século XXI e a situación está a ser a mesma, só que nesta ocasión, non é man de obra pouco cualificada a que se vai, senón ao contrario, na gran maioría dos casos son traballadores moi cualificados. 

Centrando o tema nas Políticas Sociais e de Emprego na Unión Europea comentar que ata chegar ao momento actual da estratexia de crecemento Europa 2020 hai moito camiño percorrido,pero o obxectivo xeral sempre foi reducir a taxa de desemprego e acadar o pleno emprego. 

A Estratexia Europea de Emprego post Lisboa 2010-2020, que tomando como referencia a Estratexia de Crecemento Europa 2020, ten como obxectivo “crear máis e mellores postos de traballo en toda a UE”. 

 Deixando os aspectos máis técnicos, en que se traduce todo isto para os traballadores españois que queiran procurar emprego na UE? 

-          Salvo excepcións dalgúns países referidas a empregos na administración pública, e restricións de acceso aos traballadores dos novos estados membros, os traballadores españois teñen dereito a desprazamento e residencia nos estados membro, así como entrada e residencia da súa familia
-          Recibir o mesmo trato que os cidadáns do país no que traballe e resida en canto emprego, condicións laborais e vantaxes socias e fiscais.
-          Posibilidade de transferir ao país no que traballan e residen algunhas particularidades da súa cobertura sanitaria e seguridade social.
-          Posibilidade de recoñecemento das cualificacións profesionais, en función de determinadas ocupacións.
-          Non poden ser expulsados do país se aínda non tendo emprego, demostran que están facendo una busca activa e que teñen posibilidades de atopalo.

A ónde se pode acudir? Existen unha rede de información Europea, en función de 3 factores, grupos específicos, mobilidade laboral e formativa, e libre circulación dos traballadores.


                                     

Fonte: diapositiva de Cristina Couto, traballadora da EUROPE DIRECT da Coruña



Dentro do primeiro grupo todos agás o Team Europa, teñen presenza na Comunidade galega. 

- A Rede Europe Direct, está vinculada a información en xeral da UE. 
- O Centro de Documentación Europera máis vinculado a estudantes universitarios.
Enterprise Europe Network orienta a pymes das políticas europeas para empresas, oportunidades de negocio e de financiación. 
- E Team Europa organiza xornadas de información específicas por sectores.

Pero o grupo máis interesante de recursos para os traballadores seguramente sexa o que fai referencia a información sobre a mobilidade, dende logo para min todo un descubrimento algunhas das actividades que desenvolven estes organismos. Información completa e eficaz: 
Rede Eures que ofrece información xeral sobre oportunidades de emprego na  UE + Noruega, Suíza, Lietchenstein e Islandia. Teñen oficinas no territorio galego.
- A Rede NARIC depende do Ministerio de Educación e ten como obxectivo mellorar o recoñecemento académico dos títulos e períodos de estudios entre os distintos países.
Euroguidance ofrece información sobre programas para estudar en outro país da UE. 
- Eurodesk, con información sobre programas sobre formación e xuventude na UE, e tamén con presenza en Galicia. 

Pero,  qué pasa se non queremos ou non podemos marchar? 
Se queremos quedar aquí?  

Galicia ten transferidas as competencias en materia de desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego desde 1997. O SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) está integrado no proxecto SISPE (Sistemas de Información dos Servizos Públicos de Emprego de España), polo que as políticas activas de emprego en Galicia parten dun marco e coordinación global. 



Ao igual que no caso europeo, o obxectivo da Estratexia Española para o Emprego 2012-2014, é a reducción da taxa de desemprego. Para a consecución deste obxectivo hay marcados 10 eidos de actuación, entre as que eu  destaco:
1. Orientación profesional, para o que se conta con unha rede de 53 oficinas territoriais do SPEG, ademáis de centros colaboradores en toda Galicia. Ofrecen información especializada e individualizada sobre todos os recursos cos que conta o SPEG e outros recursos locais e estatais (emprego público, emprego privado, formación, etc).

2. Fomento da mobilidade, coas opcións que expuxen máis arriba sobre emprego na UE.

3. Fomento da igualdade de oportunidades no emprego. O portal da Conselleria de Traballo aporta a normativa actual relacionada con esta materia, así como unha guía para que as empresas poidan deseñar o seu plan de igualdade. 

4. Autoemprego e creación de empresas. O SPEG conta tamén con 2 oficinas do empleador en Galicia, que ofrecen servizos a emprendedores e empresas, tanto para o asesoramento no inicio dun negocio, como para a contratación de outros traballadores. 

5. Formación e recualificación Profesional. Actualmente a través do Instituto Nacional das CAlificacións (INCUAL) existen 26 familias profesionais, concentradas en 5 niveis de cualificación profesional. O SPEG, ofrece formación gratuíta para desempregados e para traballadores en activo, nestas 26 familias profesionais, e permiten tamén ás persoas que carecen de formación regrada, o recoñecemento da súa experiencia profesional. 




Vémonos no módulo 2, e nas redes!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario