xoves, 30 de outubro de 2014

Reflexión individual sobre o marco persoal na orientación laboral

Se no anterior módulo atendemos ao marco conceptual e normativo que nos atañe como profesionais da orientación laboral, centrámonos agora no perfil profesional do orientador/a laboral: definición da orientación laboral, funcións, habilidades sociais e para a comunicación así como as competencias que debe posuír, entre elas o dominio da web 2.0.

Ao longo destas temáticas, paso a comentar algúns dos contidos que dende o meu punto de vista me pareceron importantes no eido da orientación laboral.

Competencias na orientación laboral

En síntese, entendemos a orientación laboral como un proceso de axuda co obxectivo de promover a inserción laboral pero tamén a promoción e mellora social e profesional a quen orientamos. Destaco este último obxectivo xa que me parece fundamental se queremos que os orientandos non só acaden a inserción laboral, senón que adquiran as competencias para adaptarse aos cambios no mercado laboral no futuro.

Centrándonos no rol do orientador/a laboral, as competencias que debemos posuír van máis alá do saber e saber facer, senón que tamén hai que saber ser e saber estar. E o que se denomina competencia de acción profesional (Echevarria et al. 2008).

Dentro de estas competencias que debe posuír o profesional da orientación, descatar a importancia das competencias comunicativas como eixo central no traballo diaro de mediación e interacción coas persoas que orientamos. A Escoita activa ou a reformulación (sintetizar as verbas do interlocutor coas súas propias palabras), son técnicas que nos axudan a establecer unha comunicación eficaz, desviando o foco no que decimos e prestando máis atención ao que a persoa orientada nos dí e tratar de entender o seu punto de vista, de empatizar, de comprender e dar sentido ao que nos di, de establcecer un feedback eficaz co interlocutor.

Tanto a nivel de entrevista como de formación en grupo, o profesional da orientación laboral debe poñer en práctica as seguintes competencas: clarificar obxectivos, preguntar, escoitar activamente, empatizar, reforzar, sintetizar e retroalimentar.

Como contrapartida, chamoume a atención o artigo 'Esto no es teatro' de José L. Bimbela-Pedrola, en lecturas complementarias do módulo. O autor, dentro do ámbito da sanidade, cuestiona estas técnicas de comunicación ao creer que poden caer na 'teatralidade' neste caso entre médico-paciente, apostando máis por unha 'comuinicación honesta' entre ambos. Desta forma, o autor sinala que consegue os seus obxectivos de forma máis rápida e consistente, mentres que, en relación ao feito de empatizar, se cuestiona ata que punto podemos entender realmente o punto de vista do outro, as súas emocións, sentimentos... Persoalmente, comparto a idea do autor en que podemos caer na 'teatralización' na comunicación se utilizamos a técnica de escoita activa sen ter un dominio suficiente ou sen creer nela, pero non así se a utilizamos de forma honesta coa outra persoa e tendo claros os nosos obxectivos.

Habilidades sociais na orientación laboral: asertividade e intelixencia emocional.

Ademais das habilidades para a comunicación, tamén é fundamental traballar as habilidades sociais (o saber ser), entendendo como a posta en práctica de aquelas conductas socialmente aceptadas favorecedoras de obxectivos e resolución de conflictos.

Dentro das habilidades sociais, destacar a asertividade como estilo de comunicación eficaz, e sobre todo a importancia de desenvolver a intelixencia emocional co fin de coñecer e saber manexar as nosas propias emocións, así como tamén recoñecelas nos demáis e saber establecer boas relacións cos demáis. Isto levaranos a poder afrontar distintas situacións críticas ou procesos de cambio nas noas vidas (autocontrol emocional), e maís específicamente en procesos de busca de emprego no eido da orientación profesional como é no noso caso.


 
Coaching

Asociado á orientación laboral se encontra o concepto de coaching, como método de acompañamento a unha ou varias persoas para conseguir unhas metas ou desenvolver habilidades. O 'coach' trata de dirixir, instruír e adestrar ao 'coache' para facilitar o autodescobremento, toma de conciencia, adquisición de habilidades deste último, co fin de resolver e saber enfrontarse a unha situación por el mesmo. O coaching céntrase no desenvolvemento do potencial da outra persoa (non no problema ou solución).

Xanela de Johari

Destacar esta ferramenta como unha axuda para entender os fluxos de información/comunicación entre a persoa e os demais, xa que nos pode servir de utiilidade para traballar o autocoñecemento no eido da orientación laboral e mellorar a comunicación interpersonal.

Redes sociais-profesionais na orientación laboral

Neste apartado abórdanse as TICs e distintas ferramentas dixitais que na actualidade inflúen na sociedade e que debemos coñecer co fin de ampliar as nosas competencias profesionais. Así, analízanse o uso das Redes Sociais en internet a través da motivación que teñamos para satisfacer as distintas necesidades que teñamos, pero que en definitiva as motivacións que nos levan a usalas, según Dolors Reig, englobaríanse en tres aspectos: Integración social/comunidade, recoñecemento social e aprendizaxe social.



Por último destacar a relevancia do concepto de web 2.0, aludindo a que o importante de internet na actualidade son os datos, as persoas, as redes sociais, restando importancia ao sofware como sucedía anos atrás.



Ningún comentario:

Publicar un comentario