venres, 31 de outubro de 2014

Sobre a curación de contidos



Que vivimos de cheo na era da internet é algo obvio e tanxible na nosa vida cotiá, para solicitar cita médica, un informe de vida laboral, transferencias bancarias, se miramos na parada do autobús, nunha cola dunha tenda,...  

A web "The Internet in Real -Time, ainda que con datos ficticios é un golpe de realidade ao respecto que sobrecolle e asusta: 


Click the animation to open the full version (via PennyStocks.la).


Aínda que os datos non sexan reais, si poderían selo perfectamente.
Dell publicou un artigo no cal ofrece algúns datos do crecemento nos últimos anos  e o uso de internet a nivel mundial pasou de  millóns de persoas no ano 2000 a 2.400 millóns de personas no ano 2012.

En qué se traduce tamén isto? En que cada minuto no mundo se abren novas webs, novos blogues, se publican novas infografñias, chíos, videos...... e todo isto é información, ou desinformación. 

Independiente do uso que se lle dea a internet, é preciso xestionar dalgún xeito toda esta información que nos chega, xa que de outro xeito sería inviable poder seguir toda a información que nos interesa a "tempo real". Para iso internet axúdanos cos lectores RSS


          


Estes lectores permítennos agrupar en un único espacio toda a información das fontes que nos interesan, sen ten que consultar cada web ou blogue. Axúdannos a xestionar a información a "curala" e a non "infoxicarnos". 

Para o día a día do meu traballo como orientadora laboral paréceme fundamental, xa non por un aforro de tempo, eu prefiro decir que me axudan a xestionalo e a economizalo, e me permiten estar ao día da información que me interesa e me é útil para o meu traballo diario, sen pasarme horas diante do ordenador.
O único pero e que ainda hai algunhas páxinas que non permiten sindicación por RSS, pero pola miña experiencia estes días son as mínimas. 

Qué ferramentas temos para esta curación de contidos? 

Temos dispoñible para a organización da información, entre outros,  Scoop.it, Paper.li e Feedly. 
Ademási os dous primeiros permiten compartir a información, e Feedly é para uso persoal. 
Esta semana probei Scoop.it e Feedly. Con respecto ao primeiro, na miña opinión, ten u funcionamento máis sinxelo, máis vistoso e máis intuitivo, nun primeiro momento foi o que máis me gustou. 



                      

Pero tras probar ambos Feedly ten un uso moito máis eficaz do tempo a nivel laboral. Porque permite dun xeito rápido e sen sair dunha páxina, consultar toda a información das fontes que eleximos, e que podemos agrupar en varias categorías.
  

          

A miña conclusión e que as redes e internet son indispensables para o noso traballo e con xestores que nos axudan a canalizar esta información mellor que mellor. Todo un descubrimento!

Ningún comentario:

Publicar un comentario