domingo, 2 de novembro de 2014

Curación de contidos. Reflexión individual.

Unha das competencias profesionais no ámbito da orientación laboral é, entre outras, a de saber obter e xestionar eficazmente información de diferentes fontes, fundamentalmente relacionadas coa formación ou emprego.

A web 2.0 caracterízase pola inmensa producción de datos e intercambios de información entre persoas e, como consecuencia desta desproporcionada xeración de contidos que nos chega cando realizamos unha busca na web, sen utillizar ningún tipo de filtro nin clasificación, podemos caer na denominada infoxicación. Para evitqar esto, é necesario coñecer o proceso de curación de contidos co fin de filtrar e clasificar a información que obtemos de diferentes fontes na web, dándolle valor á informaicón que consideremos como profesionais, e que nos sirvan posteriormente como fonte de aprendizaxe ou posterior difusión. 

Para realizar a curación de contidos existen varias ferramentas gratuítas na web. Un exemplo destas son Feedly ou Scoop.it. Aínda que son diferentes, o que teñen en común é que son ferramentas que se utilizan en liña e que ambas nos permiten xestionar a información de diferentes fontes (obtención, clasificación e agrupación). Persoalmente penso que se complementarían na labor diaría como profesionais da orientación laboral.


Feedly carácterízase por ser un lector de noticias. Utiliza o sistema RSS para ofrecernos a información que estamos interesados de diferentes webs, e que conten co sistema de RSS. Desta maneira gañaremos tempo á hora de buscar a información gracias a que a través de feedly proporciónanos estes contidos sen ter que visitar os distintos portais web. Antes é necesario que seleccionemos as fontes das que queremos ler a través de feedly.

A modo de valoración, hai que sinalar que non todas as fontes utilizan o sistema RSS, polo que non sempre é posible utilizar feedly nestas webs. Outras webs, en cambio sí que dispoñen de RSS pero non é posible especificar os contidos que realmente che interesan, polo que ao final en certas fontes feedly non pode realizar o filtrado de información desexado.



Scoop.it é outra das ferramenteas de curación de contidos que resulta útil en caso de que necesitemos obter información sobre unha temática concreta, xa que nos proporciona a información de distintas fontes coa posibilidade de seleccionar aquelas que nos interesen e agrupalas para unha posterior xestión desa temática.



 A continuación, e a modo de exemplo, inserto uha captura de pantalla de Feedly e Scoop.it tal e como as teño configuradas:

 Feedly:


 Scoop.it
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario