martes, 4 de novembro de 2014

Libros que me emocionaron, mudaron.



Gustaríame compartir neste blog os últimos libros relacionados coa orientación laboral, recursos humáns, psicoloxía, socioloxía etc. Permítenme ver dende outras perspectivas a vida en xeral:


  • “El hombre en busca de sentido” Viktor Frankl. Este libro encántame. Fíxome reflexionar cómo ás veces hai certas situacións na vida onde nos atopamos que atinximos o noso tope, que non temos moita opción de actuación, máis sempre queda a liberdade de elixir a actitude que imos adoptar ante esa circunstancia.  
     Adorei tamén a homenaxe que Pilar Jericó lle fixo no seu blog a Viktor Frankl   http://blog.pilarjerico.com/homenaje-a-viktor-frankl


  • “Las gafas de la felicidad. Descubre tu fortaleza emocional” Rafael Santandreu. Ás veces somos nós mesmos os nosos piores inimigos, por iso é importante ser conscientes que “a vida é según o cristal co que se mira”. Podemos cambiar a nosa forma de pensar e controlar as emocións negativas. En definitiva, temos a posibilidade de crear novos hábitos para mudar e encarar con fortaleza novas situacións.
 
  • “Estás contratado!” Judi James. Encantoume a frescura coa que plantexa como levar a cabo a búsqueda de emprego. Ás veces non nos damos conta que a persoa que busca traballo xa está “contratada”, o seu traballo é buscar a súa nova oportunidade laboral. Ésta é unha tarefa difícil, que leva consigo distintas fases.

  • “Héroes cotidianos. Descubre el valor que llevas dentro” Pilar Jericó. Invítanos a ver como cada un de nós é un heroe. Un heroe é unha persoa que coñece as súas fortalezas, que encara as situacións sendo o piloto da súa vida. É nos momentos máis difíciles (perda dun familiar, despido, comenzar unha nova relación…) cando desperta o noso potencial como heroe. O importante é ser os actores da nosa vida, encarar o cambio, deixar o victimismo e a queixa. 
 

 
  • "Te amo" Franceso Alberoni. Sociólogo que nos fai ver a estructura do amor dende outro eido, da importancia social tan grande que ten a parella. Cando dúas persoas se xuntan están a crear un novo mundo, estructura entre dúas personalidades que se alían. Namorámonos cando estamos dispostos a un cambio radical, cando estamos descontentos co presente.

Reflexión final. 
 
 Os libros permítenos viaxar, axúdanos a encarar as circunstancias dende outro eido, a coñecer escritores/aventuras/puntos de vista de distintos países e culturas. Máis gracias tamén ás TIC podemos coñecer máis escritores, blogues, programas de TV/radio. Xestionemos estas dúas vías, pois a unión das dúas fainos entender o por qué da evolución.

3 comentarios:

  1. Gran iniciativa!! No meu caso propoño unha novela que me encantou (Non ten nada que ver co emprego pero é digna de recomendar) "Dime quien soy" de Julia Navarro :)

    ResponderEliminar
  2. ¡Me encanta tu iniciativa! Por circuntancias varias, llevo unos años que no leo mucho,pero ¡amo a los libros! y los compro para leerlos, si no puedo antes, cuando me jubile, así que, tomaré nota! ¡Gracias!

    ResponderEliminar