mércores, 26 de novembro de 2014

Reflexión grupal sobre a mesa de emprendemento e autoemprego



A modo de refexión grupal, queremos valorar a temática dunha das últimas sesións presenciais no CEOL, referida á mesa sobre recursos para o emprendemento e autoemprego.

Nesa sesión se levou a cabo unha serie de ponencias a cargo de diferentes entidades públicas e privadas que traballan a prol do emprendemento, así como tamén varias ponencias a cargo de persoas que emprenderon recentemente.

A nivel de entidades que traballan no fomento do emprendemento estiveron presentes o Instituto Galego de Promoción do Emprego (IGAPE), Asociación Jóvenes Empresarios (AJE), Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA), AGACA e Woman emprende, sinalando as seguintes valoracións sobre as ponencias expostas.


Dende o IGAPE destacamos o servizo que ofrece, sobre todo da importancia de non só impulsar a creación de novas empresas, senón de mellorar a competitividade das xa existentes, a través de diferentes medidas como facilitar a internacionalización.

Sobre a ponencia de WOMAN EMPRENDE, como servizo dirixido ao fomento do emprendemento feminino da USC, destacamos o que se definiu como 'desequilibrio emprendedor de xénero': sobre o alto porcentaxe de alumnas universitarias fronte a alumnos, e que contrasta cos datos de emprendemento, onde os emprendedores universitarios teñen maior porcentaxe que as emprendedoras universitarias. Creemos que é importante que dende este servizo se siga fomentando e apoiando a iniciativa emprendedora das mulleres co fin de que a porcentaxe se iguale á dos homes.



Por parte de UGACOTA e AGACA, na exposición sobre as coopertivas como fórmula de empredemento, destacamos os datos referidos ao baixo nivel de coñecemento sobre as cooperativas, non só entre os emprendedores senón tamén a nivel de entidades. Creemos que entre as causas que poden levar a este descoñecemento é que todo xira á creación de SL por ser a fórmula máis 'sinxela', é dicir, non é preciso ter 3 ou máis socios, nin tampouco é necesario a elaboración de documentos internos como estatutos, RRI, etc. 

Neste sentido, vemos necesario a labor destas entidades para seguir difundindo esta forma de emprendemento, como así se está a facer dende a Rede Eusumo por exemplo. Ademais, consideramos esta forma de emprendemento como moi útil nestes momentos, sobre todo ante a escaseza de financiación para o inicio empresarial, polo que máis que nunca, a empresa cooperativa supón unha vía de emprendemento que se axusta a esta necesidade.

Tamén nos parece interesante o cooperativismo polo carácter social que ten ao dar resposta a diferentes necesidades e problemas de emprego: desemprego de colectivos, temporalidade e precariedade laboral, dificultade de conciliación familiar no traballo... Entre outros aspectos que incorpora a cooperativa está o establecemento dun fondo para a formación e promoción da cooperativa: formación dos socios, a promoción das relacións entre outras coopoerativas, fomento da igualdade e conciliación entre os seus membros, así como o fomento da responsabilidade social empresarial.



Por outra banda, como aspectos que nos exixe a coopertiva, frente a outras formas de empresa unipersoais, están a posesión de habilidades sociais e para o traballo en equipo por parte dos socios/as. Ao ser unha fórmula rexida pola xestión democrática das decisións, e a colaboración entre os/as socias/os, exixe un alto grado de capacidade de habilidades para a comunicación e xestión de conflictos.

Por último, das ponencias relacionadas coas experiencias emprendedoras, consideramos interesante a idea de negocio que tiveron todas ellas, pero tamén destacamos que, así como importante é ter unha boa idea de negocio, tamén axuda no emprendemento coñecer os recursos e ferramentas para o autoemprego. Así, vemos esencial formar dende o sistema educativo aos xóvenes para que adquiran coñecementos, técnicas e ferramentas non só para a busca de emprego por conta allea, senón tamén para o emprendemento.

">

Ningún comentario:

Publicar un comentario